gondomar.tv
> Destacamos
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns
Tomas falsas
Tomas falsas
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios

O  6,7 e 8 de setembro celebrouse na aula de cultura Ponte de Rosas, no local do IEM o curso impartido pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo “Dende o badal ó clic. A construcción das novas sociedades rurais galegas”.

Eladio Ferro, Director do curso e Carlos Méixome, Director do IEM foron os encargados de presentar o curso.Na presentación, Eladio Ferro destacou a importancia de debater nun ámbito académico a nova realidade na que se enfronta o rural galego. Nomeadamente, os cambios demográficos, económicos e culturais que a través da irrupción da sociedade global e o avance da culturas urbanas están a modificar nos últimos anos a paisaxe das nosas aldeas.

Pola súa banda, Carlos Méixome destacou a importancia de contar novamente coa confianza da UIMP para desenvolver uns dos seus curso na bisbarra do Val Miñor.

Xosé Luis Barreiro Rivas deu a conferencia inaugural que tivo como título “A socialización do mundo rural ata o século XX: fundamentos, procesos e crises”.Ese mesmo día, Marical Gondar Portosany (profesor da USC), desenvolveu o coloquio “A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural. Cambios sociais e participacións nas estruturas rurais”. Finalmente, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM) dirixiu unha visita guiada no Pazo do Conde de Gondomar.

O venres 7 de setembro, os profesores da USC Gerardo Menaut  e Ofelia Rey Castelao falaron sobre a temática “A organización territorial no rural. Evolución histórico-social, política e administrativa”. A continuación tibo lugar a mesa redonda “A formación e transformación do sistema de hábitat rural integrado polos especialistas Manuel Caamaño Suárez, Carlos Varela García,  Teresa Táboas e Daniel Pino Vicente, co arquitecto Vicente Pintos Santiago como moderador.  Por último o arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) dirixiu unha visita guiada ao casco histórico de Baiona.

Finalmente o sábado 8 de setembro, tivo lugar o coloquio “A toponimia no rural. Transformación ou substitución, a cargo de Gonzalo Navaza Blanco (U de Vigo) e posteriormente a mesa redonda “O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas. Accións de futuro”. Na mesma participaron os alcalde de Lugo, Lalín e Pontevedra, co profesor Xilberte Manso de la Torre (IEM), como moderador. O curso rematou coa entrega de diplomas aos asistentes na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Edición e imagen: Pablo Banga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias