As riadas xa son por todos ou case todos moi coñecidas en Gondomar. Pois ben o pasado venres 14 de decembro voltou a anegarse unha parte da nosa vila, o cal xa é unha costume moi arraigada polos nosos dous rios, o Miñor e o Zamáns. Desta vez pasou sen provocar moito dano a os nosos veciños. O que sí chamou a atención de moitos foi o despliegue que os medios de comunicación fixeron por todos aqueles lugares xa de sobra coñecidos por todos, nos que con cada saída do caudal anéganse con moita facilidade: CDL (colexio vello), praza de abastos, parque da coelleira etc. Foron numerosas as chamadas de familiares e amigos das xentes de Gondomar que chamaron preguntando polo desastre acontecido sendo unha boa risotada o que se levaron por resposta. Isto non fai mais que reafirmar aquela famosa frase: «Coidado cos medios de comunicación…»
Dende Gondomar Tv queremos trasladar a todos aqueles que non están aquí e se interesaron polos danos desencadenados pola treboada «Nicki» que poden estar tranquilos xa que o do venres non foi mais que unha riada mais sen moitas consecuencias para Gondomar. Na próxima riada xa veremos o que pasa.
Noticia da riada en Gondomar na TVG:
Edición e imagen: Pablo Banga
Deja una respuesta