En Febreiro de 2013 ATSA, primeiro, e Melytour, despóis, presentaron a Xunta de Galicia sendas propostas para reducir as frecuencias e o servizo de transporte de viaxeiros que prestan en relación cas súas concesións relacionadas con Gondomar e por iso escollemos este asunto como «Tema a tratar polos nosos representantes municipais».
Dende aquí invitamos a ATSA e Melytour a pórse en contacto con Gondomar TV si queren dar a súa opinión sobre o tema e gustosos lla trasmitiremos a cidadanía. Tamén vos invitamos a todos vos a que fagades os comentarios que estimedes oportunos no espazo habilitado para o caso.
Xa é de abondo coñecida a situación deficitaria do transporte na nosa vila antes das propostas anteriormente referidas, sendo unha realidade que para poder utilizar devandito recurso, un, ten que dispoñer de tempo e moitísima paciencia para poder aturar os continuos xogos das dúas empresas concesionarias da licenza para dito servizo. Sen ir mais lonxe un que aquí escribe pasou varios anos utilizando estas liñas de transporte, sendo o «autostop» a única maneira de poder axilizar o tempo de chegada a Gondomar.
Hoxe en día non existe posibilidade real de chegar nun único viaxe a Baiona, Tui, Porriño… dende Gondomar nin ata Gondomar
Pois ben estas son as verbas que tanto gobernantes coma opositores políticos nos expoñen aos veciños de Gondomar.
BNG | PP |
CDL | ANOVA |
PSOE | EU |
Deja una respuesta