Este mércores celebrouse na praza do centro de saúde unha asamblea informativa celebrada polos veciños afectados pola instalación do denominado “tanque de tormentas” o lado do río Miñor ao carón da urbanización “Las Garzas”. No acto explicouse en que consiste a obra e a explicación de por qué non se debería facer nese sitio xa que pode afectar a toda a vila. Tamén falouse das accións legais levadas a cabo pola propia comunidade de veciños de “Las Garzas” que pola sua conta están a correr cos gastos xudiciais que iso conleba e piden axuda as demais comunidades de veciños da vila para poder seguir adiante coa denuncia. Todo isto que vos contamos, os representantes da urbanización explícanolo no video que de momento mostrámos dende Gtv e en breve poderedes visionar o acto enteiro.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja un comentario