E vai outra de desastres por culpa do lume. Desta vez tocounos de preto na parroquia de Couso. Onte pola tarde comezou a arder a zona da parte de arriba do barrio da Fraga en Couso. O lume non chegou a parte na que se encontran os nucleos poblados da parroquia e sobre as 2:00 h o lume parecía controlado. Outro foco tamén prendeu na parroquia de Tomiño no monte Tetón.
No video feito por Gondomar Tv e Valminor.info podedes ver imaxes do acontecido.
Edición e imaxe: Pablo Banga e Pedro Telmo (Valminor.info)
Deja una respuesta