Son tempos difíciles para a cultura e o Instituto de estudos Miñoranos (IEM) non vive alleo a esta situación. A crise económica estreita o cerco na vida cotiá de todos nós, e pouco a pouco, faisenos mais difícil disfrutar un pouco mais de todas aquelas cousas que sempre nos pertenceron a todos e non deberian ter prezo.
Neste caso a loita pola divulgación da cultura da terra ten un referente nas Xeiras organizadas polo IEM. De caracter gratuito e abertas para todos, podemos disfrutar destas xornadas nas que os paseos polo rural son unha característica, podendo disfrutar da fauna e flora que nos rodea e así mesmo pola arquitectura tradicional do noso país. O arquitecto Antonio Soliño e o biólogo Alfredo López son os encargados de amosarnos todo isto na parroquia Gondomareña de Peitieiros. A igrexa de San Miguel, peto de Piñeiro, Pazo de Troncoso e un largo etc foron lugares a visitar nesta xornada na que o punto mais fermoso puidémolo encontrar nos Muiños Hidráulicos da Serra no río Morgadáns. Todo isto que vos contamos podédelo ver en resumo no vídeo que a continuación vos deixamos.
Non esquezades que se queredes axudar a que esta actividad e outras moitas que o IEM organiza poidan seguir realizándose podedes axudar facendoos socios neste enlace: Faite socio aquí
Edición e imaxe: Pablo Banga
Música: Santos morcegos ( Albúm: Ectasy of fedorento)
Deja una respuesta