Sobre as 14:30 h comezaba o lume nas tomadas que van dar ao castro de Pedra Moura en Donas ao lado do campo de fútbol. Moi rápida foi a actuación dos servicios de extinción de incendios que apoiados cos medios aéreos controlaron rápidamente a situación. Dende Gondomar Tv temos que darlle as gracias a Manolo e Eduardo membros da comunidade de montes de Donas que co seu todoterreo acercaronos a zona 0 do desastre. Falando con varios veciños sospeitase que foi provocado xa que foron cinco os focos que prenderon lume. Ademais varias testemuñas viron un Ford Fiesta negro que levantou sospeitas ao estar dando voltas pola pista forestal na hora en que empezou o lume.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta