Están de sorte os ríos da nosa vila, en apenas 10 días viron coma os seus cauces eran obxeto da sua limpeza. Os domingos 22 e o 29 de setembro foron varios os voluntarios que acudiron a sua limpeza. Rodas, bolsas, botellas e ata un contenedor do lixo foron algúns dos tesouros que se encontraron, pero unha das maiores sorpresas que algúns dos voluntarios atoparon foi o camiño (senda) que días atrás apareceu nunha das marxenes do río Miñor.
Unha tarefa pouco premiada para o traballo que alí se elaborou xa que Gondomar Tv foi testigo do duro traballo que esta xente de ben pasou eliminando a pegada do home que nunca debeu de chegar aos nosos ríos. Esperemos que para vindeiros anos esta xente poida recuperar forzas despois de tan desagradecido esforzo cunha boa comida e bebida.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Agradecementos a todos@ os voluntarios que participaron nas tarefas de limpeza dos rios na contorna de Gondomar,os domingos 22 e 29. Asi como os Pescadores e Ecoloxístas,que se encargaron da organizacón destas xornadas.
Pero gustariame saber,por que as noticias son contradictorias:¿quen atopou a antiga «senda»;os voluntarios o dia 29 ou os traballadores do Concello o dia 30?.
Po lo publicado en Val Miñor info,sonche uns e na reportaxe de Gondomar T.V. son outros.
¡¡¡As medallas para quen lle correspondan!!!.
Hola Maliciamorticia, nos referímonos o camiño (senda) que hai no río Miñor a altura da gasolinera e Valminor.info refírese a un paso de pescadores que existe detrás da praza de abastos. Nós non fixemos mención algunha a este último paso.
Graciñas por clarexarme as ideas.Con tanto paso,paseo senda,estoume a perder.