gondomar.tv
> Destacamos
Tomas falsas
Tomas falsas
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Estudios de grabación en Auga da Laxe
Estudios de grabación en Auga da Laxe
Gondomar Fútbol Base
Gondomar Fútbol Base

IMG_0611

ALERTA: PASEO FLUVIAL DE GONDOMAR A MAÑUFE!!!

Outro golpe mortal ao río Miñor. Despois disto toda a súa marxe dereita queda destragada salvándose tan so un treito entre a ponte de Mañufe e Vilariño. A ver por canto tempo!

Desta trátase dun paseo do que o concello non da información. Non hai cartel que o anuncie. Non hai información dispoñible no Concello. Non se informou da súa construción no Foro social da Axenda XXI…. Un oscurantismo total para que os gobernantes municipais presuman de facer o demandado paseo sen gastar un céntimo: APROVEITAN O TAPADO DA TUBERÍA QUE VAI UNIR O DENUNCIADO TANQUE DE TORMENTA DE GONDOMAR CO ALCANTARILLADO DE MAÑUFE!!! Ao tempo acometen a mellora da ponte histórica sen dar información pública ata despois de múltiples denuncias veciñais e cando xa leva varios días a pala excavadora furgando no río.

UNHA ILEGALIDADE PARA TAPAR OUTRA ata rematar nun paseo duns tres metros de anchura e uns dez centímetros de altura feito de morrillo cun agolmerante mal compactado ao que polo que temos oído aínda lle van por unhas farolas.

Dende o ano 2006 houbo tres intentos de construir un paseo que unise Gondomar e A Ramallosa. Non todos con igual acerto. Agora non sabemos a cal corresponde esta obra.

A cidadanía demanda este servizo, estes paseos teñen a ventaxa de acercar as persoas ao coñecemento do río, polo tanto á súa valoración e como consecuencia ao seu cuidado; ademáis de proporcionarnos disfrute da natureza. Pero debemos ter claro que a nosa presencia sempre perturba o medio, por iso debemos coidar moito que no empeño de acercarnos a un ecosistema non destruamos o obxecto do noso interese, é decir «non matemos á galiña dos ovos de ouro».

Hai vilas e mesmo cidades que teñen paseos fluviais cuidadosos co río, pero teñen un trazado que respecta o bosque de ribeira e están feitos de outros materiais. A intervención nun hábitat tan delicado ten que estar deseñada por especialistas, e evidentemente ter un plan de actuación e de restauración. Non é cousa de que o deseñe a empresa que acomete o acaltarillado, nin o concelleiro de Vías e Obras, que neste caso é o único gobernante municipal que deu explicación da obra!!!!!!

Moito treitos deste desgraciado paseo durarán só ata a primeira enchente. Despois a súa area, a grava, as partículas de cemento e de pichi (que tamén o ten) estarán no leito do río. Daquela preguntarémonos como é que o río levan tanta area. E ata haberá quen reclame que hai que dragar o río porque xa non é tan truiteiro coma antes!!!!

E para entón, vai dar o goberno municipal conta do diñeiro público tirado polo río baixo?

Pura González
Membro da asociación a Groba
Gondomar, 1 de outubro do 2013

3 Responses to Pura González nos da a súa opinión sobre as obras a carón do Río Miñór.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias