Co motivo do centenario do Gondomar CF a directiva do clube inaugurou o venres pasado o museo do clube. Nel pódense ver diversos trofeos da traxectoria do clube así coma unha gran variedade de fotografías e outros moitos obxetos pertencentes ao clube e adquiridos ao longo de todos estes anos. Hai que destacar a sección na que están colgadas as fichas de moitísimos deportistas que dende as categorías inferiores ata o primeiro equipo adornan unha das paredes do museo. O obxetivo que se impoñe a directiva é o de abrir o máximo de sábados posibles xa que aínda estase a organizar a apertura das portas para que todo aquel que lle interese poida visitar o alí exposto.
Cando sexa unha realidade, Gondomar Tv proporcionará a información do día e horarios da apertura do museo.
Edición e imagen: Pablo Banga
Deja una respuesta