gondomar.tv
> Destacamos
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor

IMG_0190Este último pleno do ano non puido ser grabado polas cámaras de Gondomar Tv por motivos persoais. Pero non queriamos deixar sen constancia o que nel se aprovou xa que é de interes xeral para todos os habitantes da vila:

Mocións propostas por ANOVA:

 Foron aprobadas por unanimidade as mocións relativas a solicitar do SERGAS e de POVISA que se implante sen demora o servizo de Hospitalización Domiciliaria na área sanitaria que xestiona POVISA e que neste momento atende a máis de 100.000 persoas (incluído todo o Val Miñor) que carecemos do mesmo, en clara discriminación coa área CHUVI. Un servizo básico de atención aos doentes terminais ou con patoloxías crónicas  dexenerativas, así como aos proprios familiares dos mesmos.

A segunda moción aprobada, tamén por unanimidade, ten que ver co rexeitamento do Canón que SOGAMA pretende impoñer de maneira unilateral aos concellos de Galiza polo tratamento dos RSU na súa planta de Cerceda. No caso de Gondomar este incremento andaría ao redor dos 70.000€ ao ano, que sumado ao elevado custe que xa pagamos por este servizo, sería altamente prexudicial para as arcas municipais e, obviamente para as economías  domésticas nas que sería repercutido nos tempos que corren. Aprobáronse tamén por unanimidade dúas mocións : unha contra o copago de fármacos nas farmacias hospitalarias e para que o concello se faga cargo dos mesmos segundo os casos, e outra contra a violencia machista e de solidariedade coas mulleres de “Ve-la Luz” en folga de fame na Coruña.

Mocións propostas polo PP:

 Aprobadas cos votos do goberno coa abstención da oposición a ordenanza que regula as actividades dos furanchos; a modificación das tarifas do servizo da auga da traída municipal para o ano 2014; POR URXENCIA a aprobación das axudas aos clubes de fútbol e á Agrupación Musical de Vincios

 

NOTA: Esta é a información que Gondomar Tv puido recopilar sobre o pleno celebrado o 5 de decembro de 2013. Se alguén pode proporcionarnos mais contido sobre o pleno estaremos a sua disposición para poder ampliar todo o que sexa posible. Tamén resaltar que calquer erro do texto tamén estaremos abertos a solucionalo. Queremos dar as gracias a persoa que fixo posible poder informar de algún contido do pleno.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias