O pasado 22 de novembro presentábase na aula Ponte de Rosas do IEM o proxecto Verdeval. Dito proxecto consiste na iniciativa da Custodia do Territorio: A custodia do territorio é un conxunto de estratexias e ferramentas que pretenden implicar á sociedade civil na conservación da natureza e a paisaxe.
Antón García membro da asociación A Groba e un dos impulsores do proxecto Verdeval contesta a unhas cantas preguntas para que todos poidamos entender un pouco mais en que consiste esta tarefa de conservación da natureza autóctona da nosa terra. Para facer dita entrevista desplazámonos ata o Galiñeiro, nas inmediacións do petróglifo Auga da Laxe, lugar no que nun principio está pensado adquirir o terreo para poder desenvolver os traballos de Custodia do Territorio.
Todo aquel que esté disposto a colaborar co proxecto pode obter mais información na páxina web: http://verdeval.org/
Deja una respuesta