gondomar.tv
> Destacamos
Tomas falsas
Tomas falsas
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Facendo augardente
Facendo augardente
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns

E voltan as riadas uns días despois de comezar a tempada de desbordamentos do Morgadáns, Zamáns e Miñor.

É ben sabido por todos na vila que nesta época de choivas o perigo asístenos en cada treboada que acontece en forma de desbordamentos dos ríos da vila. Gondomar non ía ser unha excepción e sufriu coa chamada cicloxénesis. Primeiro foi Dirk o 23 de decembro pola noite e agora sabe deus como lle chamaron a esta última, pero os danos foron un pouquiño máis evidentes. O parque da Coelleira foi o máis afectado pola auga pero máis abaixo, no novo «paseo» fluvial que empeza en Mañufe, tamén se deixaron ver os estragos.

A realidade é que Gondomar sofre en cada enchenta, pero de ahí a dicirse nos medios que foi unha riada de record vai un treito bastante longo. Na Voz de Galicia díxose que a riada inundou con máis de un metro de auga o centro, cando nin sequera entrou na praza de abastos, e nin que dicir que a policía non lles dixo nada de que a auga entrase nas casas. No Faro de Vigo tamén publicouse que se pechou o tráfico na ponte de Mañufe, habería que contrastalo xa que nos estivemos alí e non había tal corte, e voltamos pola tarde sin que puxeran nada para cortar o tráfico.

Aquí vos deixamos unha montaxe do que deu de sí a enchenta o día de reis e as posteriores consecuencias o día seguinte.

6 Responses to Riada no día de reis

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias