Aparecía na prensa esta semana a noticia do verquido de cascallos supostamente pertencentes a demolición da casa do emigrante (antiga casa do conserxe) que se levou a cabo no CDL. As cámaras de Gondomar Tv achegáronse ata o lugar para coñecer de primeira man a magnitude do acontecido. A verdade é que dita zona e un punto negro de verquidos xa denunciado nos últimos anos por diferentes asociacións ecoloxistas. Temos que recordar que nesta zona existen espazos denominados como bosque atlántico e é unha verdadeira mágoa que non se teña máis control neste tipo de atentados ao medio ambiente.
http://www.youtube.com/watch?v=v2AC41dglnM&feature=youtu.be
Nos tamén estamos así Alfonso, isto e ver para creer.