Volve a ser unha triste realidade, pero os cascallos do derribo da casa do antigo edificio do conserxe do colexio Enrique Rodríguez Márquez, últmimamente chamada casa do emigrante e recén demolida, están aparecendo espallados por todo o municipio. De momento ainda non foi corroborado que sexan os mesmos pero a realidade pon de manifesto que non se trata de un capacho de escombro, nin de un chimpín cheo do mesmo. O que alí se encontra son toneladas de cascallos que foron depositados por maquinaria pesada dado o que o volumen do depositado non é unha broma. Primeiro foi na zona do Pego Negro en Víncios agora no barrio de Vendas en Vilaza e polas pesquisas que fixemos parece ser que apareceron tamén zonas en Chaín e Donas. Os restos son fácilmente recoñecibles por calquera que coñecese o edificio do derribo ou polo menos iso é o que contan testemuñas do suceso.
E O GOBERNO DÍ QUE OS CASCALLOS NON SON OS RESTOS DA CASA DO CONSERXE.