O tráfico en Gondomar e un tema que a todos nos ten bastante desconcertados. Moitísima xente nos leva preguntado se algún día tocaríamos o caso cos políticos de Gondomar. Pois ben aquí temos ideas e proxectos que cada partido propón para mellorar o estado da circulación na vila.
Moitos veciños queixanse de que so se multa en casos excepcionais e os luns pola mañá no aparcamento no que se monta o mercado, a doble fila, os escasos sitios para aparcar, o autobus da liña que vai por Vincios meténdose polo centro ao mesmo que o tráfico pesado, afectados polo abandono das vías nas parroquias… poderíamos seguir enumerando un sinfín de queixas que nos traslada a cidadania, pero en vez de seguir damosvos paso as solucións que nos videos nos dan os compoñentes dos partidos políticos.
Deja una respuesta