Gondomar cambia pouco a pouco, quizais nos últimos anos as obras na vila non son as que todos quixéramos ou as que nos gustarían. As inversións xa non dan para todas as necesidades, será por mor da crise ou por outro calquera motivo. O que si está presente na retina de todo o mundo son as obras que últimamente estan a facerse nos parques da Coelleira, o «paseo» do Miñor, no auditorio e mais recentemente no CDL. Esta última é a que lle dedicamos este artigo. O gran muro de contención de riadas que alí se está a facer está dando que falar en todo Gondomar. Uns dicen que vai a solucionar os danos producidos pola auga no antigo colexio, outros que non, que si agora onde vai ir toda a auga que fluía por alí… Sexa cal sexa o rumbo que vai tomar o Morgadáns o que está claro e que pon enriba da mesa múltiples posibilidades do que sucederá a partires de agora. Dende Gondomar Tv propoñeremos unha enquisa para saber a opinión de todo aquel que a quera dar, mentres confeccionamos dita enquisa aquí vos deixamos un pase de fotografías para que poidades ver de primeira man as obras que alí están a facer.
Deja una respuesta