Xa non recordamos os membros de Gondomar Tv cando se fixo por primeira vez o pasaruas de entroido dos estudiantes de Gondomar. O que si recordamos é que fomos dos primeiros en facelo e a verdade e que é xa toda unha tradición para todos nós. Todos os colexios de Gondomar xuntos desfilando para toda a xente pasando pipa, dende os profesores ata os asistentes que abarrotan as ruas. Os mais pequerrechos asisten anonadados a posta en escea na que eles son os protagonistas, gracias aos profesores e moitos pais que fan posible que este día sexa unha realidade co esforzo de realizar os traxes para as comparsas.
Deja una respuesta