Un ano mais volve a ter lugar o Trail Serra do Galiñeiro que anualmente organiza Galicia Máxica. Xa van catro anos coa mesma cita na nosa terra e cada ano o número de participantes medra considerablemente, preto de 450 foron os que realizaron a proba de este ano. Existian duas modalidades, o minitrail de 11 Km para os mais novatos e o trail de 22,8 Km para os que xa teñen moitas taboas neste deporte.
Fermoso percorrido o que puideron presenciar os participantes xa que a veleza do entorno e as vistas dende o mais alto son difíciles de igualar. Polo menos ese era o sentir dos participantes o remate da proba.
Moito calor que coa chegada do bo tempo e o redor das 11 da mañan fixose palpable nos corredores que ian chegando a meta.
Xa na meta e con case todos os corredores no avituallamento puidemos falar co segundo clasificado e con algún protagonista mais. Boa organización en xeral e moi bo ambiente entre os participantes agás por un sentir en todos eles, para poder ducharse había que coller o coche e baixar dende o centro cultural de Vincios ata o pavillón de Gondomar, habendo infraestructuras suficientes e unha verdadeira pena que a xente tan cansa como estaba tivera que facer este desprazamento.
magnifico trabajo, da gusto ver imágenes de nuestra tierra y que se organicen eventos como este