Para realizar esta conmemoración procederase á entrega dos premios do certame literario.
Neste certame puido participar calquera persoa residente en Gondomar cunha obra orixinal en lingua galega.
Establecéronse tres categorías
A) até os 12 anos
B) de 12 a 18 anos
C) de 18 anos en diante
Cada unha delas dotada cun premio consistente nun vale por valor de 50 €, en colaboración coa Libraría Libraida de Gondomar.

O xurado que determinará os gañadores ou gañadoras dos premios estará integrado por tres veciños de Gondomar, a profesora Auri Fotán e os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta, que darán lectura ás plicas no acto e convidarán ás gañadoras e gañadores a ler a súa obra.
Antes de proceder á resolución do certame, o escritor Miguel Anxo Mouriño, responsábel da sección de Lingua e Literatura do IEM e Coordinador do premio Vicotriano Taibo, realizará unha aproximación a Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado neste día das Letras.
Deja una respuesta