gondomar.tv
> Destacamos
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns
Cabalgata de reis 2015
Cabalgata de reis 2015

Captura de pantalla 2014-05-30 a la(s) 18.17.31O Lendo Contigo despide a tempada cunha noite extraterrestre

A sesión de peche de tempada 2013-2014 do Lendo Contigo celébrase a tarde-noite do venres 30 de maio na Casa da Lectura a partir das 20:00h. O libro proposto para este último mes é Desde unha estrela distante (Xerais, 2013), a historia de amizade dunha nena e un extraterrestre escrita por Agustín Fernández Paz. Con este motivo, o club despedirase ata o outono cunha festa alieníxena na Casa da Lectura.

Cea compartida e baile de disfraces

A actividade rematará cunha cea compartida (prégase ás familias que poidan que contribúan con algunha comida doce ou salgada) e cun baile de disfraces, polo que se convida a que se leve un disfrace relacionado co espazo, cos extraterrestres… en homenaxe á historia que narra o libro.

O Comando Le pecha a tempada cun encontro co poeta Carlos Negro

Este sábado 31 de maio a partir das 20:30h a Casa da Lectura acollerá a sesión de peche da tempada do Comando Le, que terá como actividade central un encontro dos rapaces e rapazas co poeta Carlos Negro para conversar sobre o seu último libro, Penúltimas tendencias. Con esta sesión despídense ata outubro as actividades do Comando Le, o grupo de activismo cultural para rapaces e rapazas de 12 a 15 anos que funciona desde outubro de 2012 dentro da programación de Espazo Lectura.

Carlos Negro, que xa participara nas actividades do Comando Le impartindo un obradoiro de poesía, volve a Gondomar para falar cos rapaces do seu último poemario, Penúltimas tendencias, un libro de versos que rompen as costuras do silencio, un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo, un álbum secreto para todas aquelas mozas que tentan ir máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas, fuxindo da ditadura dos espellos.

A sesión pecharase cunha cea compartida e diversos xogos poéticos cos que remata a tempada 2013-14 do Comando Le, que estivo dedicada á poesía e a música.

Grazas pola vosa atención.

O equipo de Espazo Lectura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias