Dende o xoves 8 de maio e ata o domingo 10, Gondomar ten o privilexo de acoller o festival internacional de teatro «Ponte… na escena». Diferentes compañias de teatro achegadas dende Brasil, Portugal, e como non podería faltar, dende a nosa terra, escenifican as suas obras diante do publico Gondomareño e de mais alá. Para poñernos en coñecemento da realización do festival e como se leva a cabo o mesmo, Santi Veloso responsable de Ponte nas Ondas (asociación que organiza o festival) explícanos os pormenores do evento e como se deu lugar na nosa vila.
Deja una respuesta