gondomar.tv
> Destacamos
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017

Captura de pantalla 2014-06-04 a la(s) 16.37.44O Concello de Gondomar volve a apostar pola competición de BTT, nesta ocasión na modalidade de enduro, organizando, xunto co Club Ciclista Bici Verde, o 1º Circuito Enduro BTT Concello de Gondomar que discorrerá polas Comunidades de Montes de San Bieito, Mañufe e Donas con saída e chegada na Praza do Concello. Terá lugar o domingo 8 de xuño, desde as 09.00 horas

A proba e o circuíto

A competición disputarase nas categorías Cadete, Junior, Sub-23, Éllite, Féminas, Senior, Máster 30, Máster 40 e Máster50/60.

O circuíto ten unha distancia a recorrer de 32 km, con cinco tramos cronometrados – Tramo 1 Anca, Tramo 2 Bici O Con, Tramo 3 Xtrembike, Tramo 4 Bicitour e Tramo 5 Tramo Libre- e un desnivel de 1500 metros con saída e chegada na Praza do Concello. Destacar o último tramo cronometrado que será o descenso polas escaleiras da Igrexa, en torno ás 13.00 horas.

Na xornada do sábado 7 terá lugar na Praza do Concello das inscricións e recoñecemento libre dos tramos para os participantes. Xa na xornada do domingo, a partir das 09.00 horas, dará comezo a competición que finalizará ao redor das 14.30 horas coa entrega de premios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias