gondomar.tv
> Destacamos
Cabalgata de reis 2015
Cabalgata de reis 2015
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.

descargaDesde a Concellaría de Xuventude infórmase de que os interesados/as en participar na segunda edición do Hi!! Gondomar Camp dispoñen nestes días das últimas prazas para poder participar neste campamento de inmersión lingüística dirixido a mozos/as de entre 12 e 17 anos.

Hi!! Gondomar Camp é un campamento de lecer e tempo libre en inglés para a mocidade preferentemente do Concello de Gondomar, cun dobre obxectivo. Por unha banda,  mellorar o uso dun idioma distinto ao propio, sendo este un dos piares fundamentais dos sistemas educativos actuais; mentres que por outra parte, busca ofrecer un espazo de ocio educativo, cultural e creativo no que os mozos e mozas deste Concello ocupen o seu tempo de lecer de vacacións, contribuíndo así de forma esencial a formación integral da mocidade de Gondomar.

O campamento, que se desenvolverá do 1 ao 18 de xullo, está deseñado cunha serie de actividades atractivas tanto na súa realización individual como na posta en escena dun conxunto, dándolle un enfoque relacionado co mundo do cine onde eles mesmos serán directores, guionistas, cámaras, actores principais, presentadores, entrevistadores, deseñadores, etc.

Este campamento integrarase en tres eixos en torno aos cales xirarán todas as actividades que se realizarán:

O idioma  ( inglés), dende o inicio deste campamento se falará exclusivamente en inglés os monitores serán ou bilingües ou nativos,

 a tv,

 as novas tecnoloxías.

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderán dirixirse á OMIX do concello no teléfono 986.369.746.

Una respuesta a Prazas para participar no campamento de inmersión lingüística

  • Carlos dijo:

    Después de la última experiencia (ya no por el campamento) sino por la tendencia a la baja profesional que hay metido en el “omix” prefiero sin duda llevarles a Vigo o extrarradio.
    Una lástima

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias