gondomar.tv
> Destacamos
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Xeira polos muiños de Vincios
Xeira polos muiños de Vincios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Cabalgata de reis 2015
Cabalgata de reis 2015

barco-baiona-2Inscricións abertas para a Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar.

A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ao mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo. Partiremos do Porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe falaremos da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Falaremos de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra… e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.  Contaremos coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

Pasos para inscribirse na Xeira Marítima do mércores 9 de xullo.

Para asistir á Ruta marítima pola Ría Baiona é preciso:

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA  (ex Novagalicia Banco).  Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar  “BARCO 09/07” no “Concepto”.

2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico oficina@minhor.org , ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto

Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos 

Público en xeral : 12 euros.

Socios do IEM: 10 euros.

Menores de 12 anos: 10 euros

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 9 de xullo e o punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias