Esta pasada fin de semana realizouse a III Festa Medieval de Gondomar. Desta vez a organización levouna a cabo a asociación Mestura de artesáns do Val Miñor coa colaboración do Concello de Gondomar.
Durante toda a fin de semana a xente que acudiu puido disfrutar dos postos de comida, cervexa artesanal e moitos mais cheos de artesáns que mostraban o seu oficio a todo aquel que se acercara ao seu posto. Antón membro de Mestura explicanos no video como levaron a cabo a realización do evento así como o concelleiro Ignacio Troncoso tamén nos fala da festa.
Deja una respuesta