Varios pais de alumnos do colexio Antía Cal de Chaín puxéronse en contacto con Gondomar Tv para denunciar a falla de mantenemento do centro no que foi o primeiro día de clase do curso 2014/15. En declaracións a este medio comentaron que non podían sair do seu asombro ao ollar incrédulos como os seus fillos ían entrando no que parecía un centro abandoado polo seu aspecto nos exteriores. Tamén se preguntaban se dende o concello saberían do problema xa que semellante problema non podía pasar desapercibido para os traballadores/as.
Dende Gondomar Tv remitímonos a grabar o estado das instalacións a 10 de setembro de 2014.
Deja una respuesta