gondomar.tv
> Destacamos
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor

Xa era tempo de acadar un consenso xeral sobre a aprobación do PXOM na vila, e parece que o proceso dilatarase mais no tempo. Moitas son as familias que por necesidade de construir unha vivenda ou os profesionais do ramo da construcción os que verían con moi bo ollo a aprobación do plan.

Vólvese a enquistar o acordo. Uns, ven intereses políticos, outros privados, ou unha chea de erros, xa ben sexan intencionados ou por ignorancia no tema. O que a realidade sí pode ver é que Gondomar volta a estar bloqueado urbanísticamente falando e os que pagan os pratos rotos non empezan a sentirse cómodos coa política xeral da vila, isto palpouse de cheo o xoves no Lois Tobío, lugar no que se celebrou o pleno extraordinario.

Os asistentes ao pleno puidemos observar como entre os diferentes grupos políticos, non existe un principio ni tan se quera de acordo para escomezar o desbloqueo do PXOM. Poderíamos falar moito do que alí se debateu, pero coma o forte de Gondomar Tv non é facer crónicas escritas mellor os deixamos uns anacos que non teñen desperdicio do video que próximamente poderedes ver na web de Gondomar Tv.

5 respuestas a Os mellores momentos do pleno sobre o PXOM

  • Antonio Araúxo dijo:

    Efectivamente Gondomar precisa un PXOM…..pero isto é asi dende o ano 2005 (ou 2001), e nesta “peripecia” as responsabilidades políticas son perfectamente adxudicables a cada forza política segundo as súas responsabilidades, incluida á miña. Dito isto, a procura do consenso, do diálogo cos partidos da oposición e sobre todo coa sociedade, é reponsabilidade exclusiva de quen goberna, e o PP nunca quixo nada disto. Como proba está que nos entragsen a copia das últimas modificacións do PXOM 3 días antes do Pleno, ou que nos enteresameos pola prensa que o PXOM ía a pleno o xoves 18. No que ao grupo nacionalista respecta, deixámoslle claro que se abren o proceso á xente e ás entidades sociais de Gondomar, e aos grupo políticos, todos, aínda que isto supoña atrasar un meses o asunto, non haberá problema por aprobar un PXOM participado e que sexa representativo e asiumido pola maioría de Gondomar. A pelota está no tellado do goberno do PP.

  • Antonio Araúxo dijo:

    A maiores disto e no que a min respecta, prefiro recibir as críticas agora por non votar a prol deste PXOM, a que pasadomañá me boten en cara ter aprobado un PXOM absurdo, lesivo para Gondomar e irrealizable. Por non falar da inseguridade xurídica no que quedaría e que ía permitir que calquera particular, colectivo ou partido, o tumbase no xulgado sen ningunha dificultade. Eu insisto, en que só con tres ou catro meses máis de diálogo podería quedar algo máis decente….Pero iso é responsabilidade e obriga do goberno do PP. Entendo que a xente teña outras prioridades, con razón, pero os políticos temos a obriga de explicar as nosas posicións (e programas) e non dicir ou facer o que a xente quer ouvir.

    • Ricardo dijo:

      Antonio, non tes nada que aclarar. Na reportaxe queda clarísimo o papel de cada un na política gondomareña. Pero isto non ven de agora, isto xa ven de lonxe.

  • Carmen Barros dijo:

    Este Alcalde,”impuesto” desde instancias superiores,comenzó su mandato,hablando de aunar a tod@s los Gondomareños,de querer escuchar a los vecinos,pues queria gobernar para,construir un GONDOMAR MEJOR.
    El paso de los años (casi 3 1/2 de su gobierno),demuestra TODO LO CONTRARIO.
    No escucha;No consensua;Actua de manera sibilina (dificultando la labor de la OPOSICION),no gobierna para TOD@s;no vela por los interese de la Villa.
    Lo que si ha hecho muy bien es ,”tirar”en ocasiones rio abajo,el dinero PUBLICO.
    Pese a los consejos de quienes le decian que determinadas OBRAS,no eran las SOLUCION…..y el tiempo ha demostrado en mas de un caso que ESTABA ENRROCADO .
    Los vecinos,lo que deseamos es tener un minimo de “calidad de vida” y los intereses partidistas,deben quedar apartados de los intereses GENERALES .
    Por lo tanto y en el dia de hoy,en que excepcionalmente,un MINISTRO de JUSTICIA,para mas “inri” de su partido,ha tenido el “gesto” de DIMITIR……..se plantee cambiar su postura o LARGARSE.
    Los vecinos de Gondomar,en su inmensa mayoria,queremos que el pueblo “progrese”,pero sin “sufrir mas DEGRADACION.

  • ángel dijo:

    alcalde dimisión

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias