gondomar.tv
> Destacamos
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Estudios de grabación en Auga da Laxe
Estudios de grabación en Auga da Laxe
Cabalgata de reis 2015
Cabalgata de reis 2015
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor

cartel_tokioO vindeiro venres 5 de agosto terá lugar a presentación da novela debuxada A causa do crime (Demo Editorial, 2014), nova obra do noso compañeiro Alfredo López “Tokio”, a poucos días de saída do prelo.  Falaremos da obra e a súa historia, ademais dunha sesión de sinaturas do autor ao final do encontro. O acto será presentado polo tamén debuxante, Evaristo Pereira, e dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº 10, baixo, Gondomar.

Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.

O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias