gondomar.tv
> Destacamos
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas

Grabado íntegramente no concello de Gondomar (agás unha pequena toma) e producido e dirixido por xente de Gondomar. Achegamos por fin a curtametraxe “Auga, terra, aire… A bolsa”.

Son tempos bastante difíciles para as produccións audiovisuais, e cada vez mais escasas as axudas por parte das institucións pertinentes que deberían amparar a este mundo. Gañarse a vida neste gremio é prácticamente imposible se non tes un bo padriño, ou por outra banda, se non lle adicas moitísimas horas de valde a darlle para adiante a pequenos proxectos que nunca verán un so euro.

Un destes proxectos fíxose realidade na nosa vila; dirixido por Pablo Casal (Guión) e Pablo Banga, grabado por Ollomol Audiovisual e producido  por Gondomar Tv, “Auga, terra, aire… A bolsa” intenta amosarnos a realidade da perdurabilidade dos materiais que a man do home fabrica . Neste caso trátase dunha bolsa de plástico e das suas viaxes que percorren diferentes localizacións de Gondomar. O Galiñeiro é un dos lugares protagonistas destas viaxes e nel podemos atopar a fermosura dunha paisaxe inigualable e profundizar nos seus rincóns mais ocultos coma as suas covas, sendeiros e infinidade de lugares pouco concurridos.

A mensaxe que a curtametraxe pretende difundir é, nin mais nin menos, a reutilización deses materiais que a diario acostumamos a darlle un so uso cando a lóxica nos di que poderíamos dedicarlle outros e variados usos para así poder poñer un graniño de area propio na sustentabilidade do noso entorno para poder coidar o noso planeta un pouquiño mais xa, que tal e como estan as cousas, non lle ven nada mal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias