gondomar.tv
> Destacamos
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Facendo augardente
Facendo augardente
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor
Nacemento vivente
Nacemento vivente

logobngGondomar, 10 de xaneiro de 2015. O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe catro mocións no rexistro do Concello para que sexan tratadas no vindeiro Pleno Municipal do día 15 de xaneiro. As mocións presentadas polo BNG reclaman que o pleno tome os seguintes acordos:

–     Tarifa eléctrica: instar á  Xunta de Galiza a demandar do Goberno Español a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega que, atendendo á condición de Galiza como excedentaria na produción de electricidade, rebaixe as peaxes das tarifas nun 30%, tanto para o consumo doméstico como para as empresas.

–     Emigrantes retornados: demandar do Goberno do Estado español a adopción urxente de medidas lexislativas, establecemento do mesmo IRPF, recoñecemento de pensión de invalidez, verificación das prestacións xa sometidas a gravame no país de orixe e revisión dos convenios marco con outros países para evitar a situación que se produciu cos emigrantes retornados. En relación con esta problemática, o BNG solicita que o Pleno manifeste o apoio do Concello aos veciños e ás veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria, asistindo á manifestación convocada para o vindeiro venres 5 de decembro na cidade de Ourense.

–     Sogama: interpor recurso contra a “Resolución da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas  de 15 de decembro, pola que se estabelecen as condicións para a adhesión ao sistema promovido pola Administración autonómica para a xestión institucional de residuos domésticos”, solicitando a suspensión cautelar desta en tanto non haxa un pronunciamento xudicial firme; instar ao Goberno galego a restaurar o diálogo e o respecto á autonomía local no funcionamento de SOGAMA e instalo tamén a colaborar economicamente cos concellos galegos que pretendan impulsar tratamentos alternativos a SOGAMA e que estean baseados no fomento da reciclaxe fronte á incineración.

–     Día de Rosalía e mobilización en prol do idioma: declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía e emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen a veciñanza do noso concello ao longo do mes de febreiro, entre elas: pendurar nos balcóns das casas e das institucións bandeiras galegas, pancartas con versos de Rosalía debuxados, procurar espazos para realizar graffitis, murais… Realizar lecturas públicas da obra rosaliana, desenvolver actividades para promover o coñecemento da obra rosaliana e apoiar todas as iniciativas e mobilizacións que se desenvolvan ao longo do mes de febreiro para reivindicar o futuro do noso idioma e a activación de medidas a prol do seu uso en todos os ámbitos e solicitar da Xunta de Galiza unha mudanza na política lingüística desenvolvida até o momento, retomar o consenso e promover mudanzas lexislativas substanciais guiadas a prol da normalización do galego.

O BNG considera que os temas propostos son todos eles de importancia para as veciñas e veciños de Gondomar e agarda que o Pleno do Concello teña a sensibilidade de recoller estas propostas e debatelas, pois o BNG como organización política que concorreu ás eleccións municipais de 2011 ten todo o dereito, mesmo a obriga ante a cidadanía, de presentar as mocións que estime pertinentes, xa que nas eleccións de 2011 o pobo de Gondomar decidiu que o BNG contase con cinco representantes no Concello, representación que nos foi furtada e mesmo empregada en beneficio doutras opcións políticas, o que non era, claramente, a vontade de todos os veciños e veciñas que no seu día votaron polo BNG. Que o Alcalde nin sequera dea lectura ás mocións que o BNG presenta é, dalgún xeito, vulnerar o resultado das eleccións municipais de 2011.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias