gondomar.tv
> Destacamos
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Gondomar Fútbol Base
Gondomar Fútbol Base
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.

1496443_383196948489856_4883388822468176392_o

O Bloque Nacionalista Galego ante o debate que se vai realizar no Pleno do Concello de Gondomar sobre o convenio coa Xunta de Galiza para o desenvolvemento do transporte metropolitano na área de Vigo, en que está incluído o concello de Gondomar, quere trasladar publicamente o seguinte:

O BNG de Gondomar vén reclamando desde hai anos unha mellora do transporte de viaxeiros cos concellos da contorna. Desde hai dous anos, se levaron a cabo varias iniciativas para reclamar unha mellora das frecuencias, itinerarios e prezos, até o punto de presentar alegacións ao plan de redución de liñas feito público en febreiro de 2013 por unha das empresas e levar o tema ao Parlamento galego en dúas ocasións durante o ano 2013, con propostas que non prosperaron precisamente polos votos en contra do PP. A Mancomunidade de concellos do Val Miñor aprobou no seu día unha moción do BNG que fixaba a súa postura neste tema. Por fin, dous anos despois, o PP propón un convenio sobre o transporte metropolitano, mais un convenio que non recolle aspectos fundamentais que desde o BNG se viñeron defendendo en todos estes anos, aspectos recollidos das demandas das veciñas e veciños. O Convenio do Partido Popular chega tarde e con moitas limitacións.

O BNG manifesta que:

-. O transporte metropolitano da área de Vigo converteuse durante anos nunha baza política para o PP e para o PSOE co resultado de nula concreción práctica.

-. O presente convenio é unha proposta fechada, na que non teñen cabida achegas e melloras aos contidos do mesmo.

-. Impónselle ao concello unhas achegas que poden supor un desembolso importante nunha cuestión en que carece de competencias

-. No convenio non se recolle con carácter obrigatorio a creación de bonificacións especiais a colectivos específicos de usuarios (desempregados/as, estudantes, dependentes…), limitándose a unha declaración de intencións (proporase, impulsarase).

-. No caso de Gondomar, cómpre aclarar se este convenio fecha o problema de paradas que existe na actualidade e se se vai poder coller calquera das liñas de transporte desde o centro de Gondomar.

-. Por último, tras do recorte sufrido nas liñas así como nas súas frecuencias, deberíase contemplar no convenio a necesidade de aumentar o número e frecuencias das liñas e non só recoller a actualización periódica dos horarios das liñas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias