gondomar.tv
> Destacamos
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Tomas falsas
Tomas falsas
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas

1496443_383196948489856_4883388822468176392_oOnte asitimos a un novo episodio de incompetencia e desleixo do goberno municipal do PP en Gondomar metido en pre campaña eleitoral e ás ordes do que manden o presidentes Feijoo  Louzán. O sistema escollido agora para vender fume eleitoral son  vía convenios: o convenio fallido da recollida dos RSU e agora convenio para un trasporte metropolitano. De entrada convocaron un Pleno Extraordinario co conseguinte gasto innecesario cando imos ter o pleno ordinario dentro de 8 días.

Como sempre o PP cando se trata de malgastar os cartos e tod@s actua de xeito temarario (sendo venébolo na expresión), incluso sen reparar nas advertencias legais da Intervención e da Secretaría municipais. Onte quixeron aprobar (por orde de Feijoo que pra iso estamos en pre-campaña) un convenio coa Xunta de Galicia para “resolver” o asunto do trasporte metropolitano. Pois ben, malia a ser un convenio que anda dando voltas polas dependencias muncipais dende hai máis dun ano, e malia a termos una concelleira de facenda con dedicación exclusiva para ter ao día as contas do Concello, trouxeron a pleno pola vía de urxencia unha modificación orzamentaria que habilitase a os cartos necesarios para atender ao convenio que non tiñan reservados, e saben Vds. de onde pretendían sacalos? DA PARTIDA PARA A PROMOCIÓN DE EMPREGO, porque seica Gondomar é un concello sen persoas desempregadas. Tiveron un ano para facer esa previsión e “pasaron de todo” e agora veñen con esas. Porque non sacaron eses cartos rebaixando as suculentas dedicacións exclusivas do goberno que cobran por non facer nada?. Pero non, xusto van a onde máis se precisan. Obviamente o sentido común e da decencia da oposición municipal impediu semellante atropelo ás acrcas públicas.

No que respecta ao convenio, que xa non foi debatido ao quedar sen posibilidade de finanzamento, cómpre dicir que se tarata dun convenio que non resolve os problemas do transporte de viaxeiros que ten Gondomar, deixando igual “en terra” ás persoas usuarias que padecemos as leas polas concesiósn que as dúas empresas que fan  a liña Gondomar Vigo manteñen dende hai anos. Tampouco queda claro que melloren as  frecuencias, ou que o aforro nos billetes sexa o que din para todas as persoas usuarias. En último caso, aprobar  un convenio para mellorar o transporte metropolitano sen a participación de Vigo non serve pra nada. Dende o Grupo Nacionalista de Gondomar  recomendamoslle aos alcaldes do PP, á Conselleira do ramo e ao Presidente Feijoo, que se de verdade queren un  transporte metropolitano para área de Vigo, que comecen por consensualo con Vigo e atender ás necesidades reais de mobilidade da xente. O que están faceno agora é simplemente vender fume elector.

En Gondomar, a 28 de xaneiro de 2015.

Grupo nacionalista da corporación municipal de Gondomar

Una respuesta a Un convenio de transporte de pouca utilidade para Gondomar

  • Santiago dijo:

    Genial, sólo se que los subnormales de los usuarios tenemos que pagar 1,9€ o 2,3 por un billete a Vigo todos los dias, ésto más lo de las frecuencias.
    Por no hablar de la falta de seguridad, la pésima calidad de la biblioteca pública, la falta del planeamiento, lentitud en resolver problemas legales, el difícil acceso a las ordenanzas municipales.
    Pero la envidia característica y el politiqueo hacen de Gondomar el chiste del Val Miñor.
    Sigan despoblando Gondomar que van por buen camino.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias