gondomar.tv
> Destacamos
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Como se traballa para o día de Corpus en Gondomar
Como se traballa para o día de Corpus en Gondomar
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas

IMG_20150130_233759O BNG de Gondomar elixe por unanimidade á súa cabeza de lista para as eleccións municipais: Manuela Rodríguez Pumar

Gondomar, 30 de xaneiro de 2015. O Bloque Nacionalista Galego celebrou no día de onte unha asemblea en que elixiu a persoa que encabezará a candidatura nas vindeiras municipais de 24 de maio de 2015. A asemblea decidiu por unanimidade que esta persoa sexa Manuela Rodríguez Pumar. Esta elección está pendente de ser ratificada polo Consello Nacional do BNG que se celebrará o día 7 de febreiro.

Manuela R. Pumar iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo. Desde entón, Manuela Rodríguez implicouse na política municipal e comezou militar no BNG.

No BNG ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG.

En Gondomar, Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo en diversos ámbitos: no veciñal, no cultural, nas anpas, e actualmente participa activamente en diversas entidades e colectivos sociais.

Ademais da elección de Manuela R. Pumar, a asemblea local do BNG tratou os criterios para a elaboración da candidatura ás municipais, en que xa está traballando, así como para a  elaboración do programa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias