gondomar.tv
> Destacamos
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor

262613_100419150053841_6982731_nVal Miñor, 25 de febreiro de 2015.

O IEM organiza o ciclo informativo “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor”.

Unha serie de especies invasoras (animais, plantas e outros organismos), xeralmente transportados e introducidos polo ser humano fóra das súas áreas naturais están establecidas e dispersas na nosa bisbarra con efectos negativos en diversos ecosistemas. A partir deste xoves 26 de febreiro ás 20:30 horas, dará comezo un ciclo informativo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a cargo de especialistas na investigación e control de catro ameazas instaladas no Val Miñor: O carrizo da Pampa, o picudo vermello das palmeiras, a avespa asiática (velutina) e unha serie de enfermidades infecciosas que afectan á poboación anfibia.

O ciclo se desenvolverá seguindo o seguinte programa:

Xoves 26 de febreiro. 20.30 horas.

Presenta Xosé Ramón García (Botánico e membro da Xunta de Goberno do IEM).

– 1º coloquio: “O carrizo da Pampa. Invasión a toda máquina”.

Relator: Miguel A. Fernández Martínez. Biólogo. Traballa no estudo e control de invasoras en Galicia, entre outras coas especies vexetais exóticas dos ríos de Pontevedra e cos cangrexos de río exóticos, describindo por primeira vez a presenza de Pacifastacus leniusculus no noso territorio. É autor das Guías das libélulas de Galicia e da Natureza dos ríos e ribeiras de Galicia.

-2º coloquio:  “Enfermidades infecciosas emerxentes. A ameaza definitiva para os herpetos galgos?”

Relator: César Ayres. Membro da Asociación Herpetológica Española e coordinador do programa SARE en Galicia.  Integrante do equipo británico-español que está a estudar os patóxenos “ranavirus” que afectan á península ibérica. Este científico foi quen achegou as primeiras mostras de Galicia ao Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) en 2010 e dende entón, encárgase de seguir periodicamente a evolución do patóxeno no encoro pontevedrés de Pontillón de Castro.

Xoves 5 de marzo. 20.30 horas

Presenta Pablo Casal Núñez (Profesor de Ed. Física e membro do IEM)

-3º Coloquio. “O picudo vermello das palmeiras. Impacto no Val Miñor”.

Relator: Antón Vázquez  Caamaño. Enxeñeiro agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Adscrito á Consellería de Agricultura, traballa na Sanidade Vexetal Explotacións Agrairas da Delegación da CMRM en Pontevedra, nocivos de coarentena, como o cancro bacteriano do kiwi, o nemátodo da madeira do piñeiro, ou o picudo vermello que hoxe nos ocupa. Participa regularmente en actividades formativas e divulgadoras para técnicos e agricultores, ademais de publicar artigos de carácter técnico en revistas e medios profesionais.

-4º Coloquio. “A avespa velutina”

Relator: Suso Asorey. Biólogo pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialízase no mundo das abellas. Socio fundador de AGA, Asociación Galega de Apicultura (1980) e tamén da cooperativa ERica Mel (1990). En 2004 funda a Casa das Abellas, centro de visitantes adiacos a resaltar o imprescindible labor ambiental destes insectos e o valor dos seus produtos. Ten publicado un ABC da apicultura, unha Guía do apicultor. A marabillosa historia da abella apolinaria, e DA flor á mesa, historia dunha pinga de mel. Na actualidade é portavoz de AGA e secretario técnico de Erica Mel S.C. G.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias