gondomar.tv
> Destacamos
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
Xeira polos muiños de Vincios
Xeira polos muiños de Vincios
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande

gondomar en fotos-2989SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.

As persoas que asinan a presente petición, concelleiras e concelleiros membros da Corporación Municipal de Gondomar, ao abeiro da lexislación vixente (ROF e outras), e en número suficiente segundo o legalmente establecido, por medio deste escrito solicitamos a convocatoria dun PLENO EXTRAORDINARIO e monográfico da Corporación Municipal para tratar da falla de debate público, por non dicir ocultación, do novo PXOM á veciñanza en xeral e ás diferentes organizacións sociais, políticas, sindicais, deportivas, culturais, feministas, ecoloxistas, á Entidade L. M. de Morgadáns…….. incluso, aos propios representantes públicos presentes nesta Corporación. O devandito pleno extraordinario será convocado dentro dos prazos legalmente establecidos, ÁS 20hs. DO DÍA ESCOLLIDO PARA A SÚA CELEBRACIÓN.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, no Art. 85 e nos apartados que regulan o procedimento de aprobación dun PXOM, non mostra en absoluto contradición  ninguna á que previamente á aprobación inicial do PXOM de calquera concello de Galiza se poida someter o mesmo á consideración  da cidadanía, organizacións sociais, políticas, etc., dependendo esta posibilidade en exclusiva da vontade política do Goberno Municipal do momento.

A recente historia municipal e política de Gondomar estará sempre ligada ás tramitacións e avatares que os diferentes PXOMs nos deixaron nos últimos anos, por non falar dos episodios de corrupción vinculados precisamente á tramitación dalgún deses PXOMs. O único PXOM aprobado por máis do 90% da corporación municipal, o PXOM do ano 1.997, foino precisamente por ser un documento moi participado, tanto pola corporación municipal daquela, como sobre todo polas organización sociais e a veciñanza en xeral…..independentemente do percorrido legal que tivo.

O PXOM PROPOSTO POLO GOBERNO MUNICIPAL.

Cos devanditos antecedentes, e despois de analizar o novo PXOM proposto coa documentación que o Goberno Municipal puxo ao noso dispor (tardía e confusa), a opinión ao respecto é que este documento adoece, entre outros,  do grave vicio dunha redacción feita ás presas e sen reparar na conveniencia do que se propón (modelo urbanístico) ou na posibilidade de realización práctica do mesmo……. O caso é ter un PXOM aprobado e podelo vender como mercadoría electoral cando

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias