BRIVONS (Brigadas de Voluntariado) por un día.
A Comunidade de Montes de Peitieiros convida a toda a veciñanza e comuneir@s á plantación de castiñeiros que terá lugar o sábado día 28 a partir das 10 h da mañá.
Punto de encontro na área de recreo do Lombo do Roxás.
Dende hai anos a CCMM de Peitieiros está promocionando unha substitución de especies na parte baixa do monte Matalagartos, para separar a masa forestal do monte coas parcelas particulares e aumentar a biodiversidade dos nosos montes, nesta liña eliminiouse o piñeiro, eucalipto e acacia da zona comprendida entre o Lombo do Roxás e o Curro Vello e estase promovento a repoboación de frondosas, sobre todo castiñeiro. As actividades de plantación divúlganse para a participación de comuneir@s e voluntariado.
Por terceiro ano consecutivo a CCMM aborda a plantación de pés de frondosas nesta zona que está sendo recuperada como bosque autóctono.
A asociación de custodia do territorio VERDEVAL difunde esta actividade e participará na mesma, na liña de colaboración que esta entidade mantén coa Mancomunidade de Montes do Val Miñor coa finalidade de iniciar actividades de custodia con algunhas comunidades de montes nun futuro próximo.
Fotos: Comunidade de Montes
Plantación do pasado ano.
Xunta Reitora da CCMM Peitieiros
Deja una respuesta