gondomar.tv
> Destacamos
Cabalgata de reis 2015
Cabalgata de reis 2015
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
Nacemento vivente
Nacemento vivente

Serán marzo 2015Este domingo 22 de marzo a partir das 17:00 h. no Adro de Peitieiros, en que está instalada unha carpa, o Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas organiza un Serán ao que convida a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.O motivo que levou ao CCV de Peitieiros a organizar este serán en colaboración coa Comisión de Festas foi o de conmemorar o día internacional da muller cunha actividade festiva. Por iso este serán será o da homenaxe ás pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen. E para facelo convidamos a pandeireteiras, gaiteiros, e todo tipo de formacións tradicionais.

Elas, as mulleres, acompañaron a súa vida e os diferentes labores que sempre lles corresponderon cantando e para iso se acompañaron das pandeiretas, e cando non, de latas de pemento, culleres, pratos… Sempre buscando o ritmo que acompañase as súas coplas, esas en que a nosa lingua ía manténdose viva e transmitíndose, tamén.Non foi até as últimas décadas do século XX que os cantares das pandeireteiras comezaron ocupar os escenarios, daquela diversos grupos e persoas comezaban interpretar pezas que foran recoller polas aldeas e así se iniciou un labor de difusión e de conservación da nosa música popular en que aínda é necesario profundizar. Un labor que convertía en protagonistas as tocadoras de pandeireta e o seu xeito de cantar, mulleres que non tiveran aínda a proxección acadada xa por gaiteiros ou formacións tradicionais.Por este motivo, e para continuar a darlle ás mulleres o espazo que lles corresponde, na música tradicional tamén, o CCV de Peitieiros e a Comisión de Festas organizan este serán.

Queremos finalmente convidarvos a todos os medios de comunicación e ás e aos xornalistas que neles traballades a gozar deste serán.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias