gondomar.tv
> Destacamos
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Xeira polos muiños de Vincios
Xeira polos muiños de Vincios
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar
Recuperamos o Tema do mes sobre o estado do transporte en Gondomar

Captura de pantalla 2015-03-18 a la(s) 10.24.44O salón de actos do IES Auga da Laxe (Gondomar) acollerá este próximo xoves 19 de marzo a partir das 20:30h o espectáculo poético musical Moita poesía, pouca diversión, a cargo das poetas María Lado e Lucía Aldao. Trátase dun recital poético diferente a o habitual, con música en directo, poemas propios, historias e moita participación dos asistentes, que terán a posibilidade de sorprenderse, rirse e emocionarse a partes iguais coa poesía. O acto, gratuíto para o alumnado do instituto, está aberto tamén a todas as persoas que queiran achegarse cunha entrada de 2€ que pode adquirirse xa na conserxería do instituto ou o propio día 19 ao comezo do espectáculo.

Este acto forma parte das actividades que organiza o IES Auga da Laxe, a través do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Española e Lingua Galega, para conmemorar o Día Internacional da Poesía, que se celebra este próximo sábado 21 de marzo. A poesía estará tamén presente estas dúas semanas no instituto con outras actividades como unha exposición cunha selección de poemas publicados nestas últimas décadas ou unha acción poética que encheu de versos as paredes do instituto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias