Semana intensa de plenos no inicio do mes de febreiro. Primeiro foi o adicado ao PXOM e dous dias despois o correspondente ao mes de febreiro. Estamos a poucas semanas das eleccións municipais e a intensidade na palabra dos nosos políticos faise palpable en cada punto dos plenos e os rifirafes entre as agrupacións fanse mais presentes no auditorio Lois Tobío. Sen mais aquí vos deixamos os dous videos para que lle votedes algún que outro visionado.
Deja una respuesta