gondomar.tv
> Destacamos
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas
Tomas falsas
Tomas falsas
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Facendo augardente
Facendo augardente

presentación BNG-AABNG-Asembleas Abertas presentetou a súa candidatura para construír futuro en Gondomar

Gondomar, 12 de abril de 2015. Hoxe presentouse en Gondomar a candidatura do BNG-Asembleas Abertas. No acto interviñeron a parlamentaria do BNG, Carme Adán e a candidata á alcaldía, Manuela Rguez Pumar.

Manuela Rguez Pumar iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo. Desde entón, Manuela Rguez Pumar implicouse na política municipal e comezou militar no BNG en que ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG. En Gondomar, Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo en diversos ámbitos: veciñal, cultural, anpas…, tendo participado de plataformas e entidades que traballaron en ámbitos concretos para mellorar a vida en Gondomar.

“Somos unha forza política cunha traxectoria contrastada e cuns obxectivos de futuro claros e recoñecíbeis” declarou Manuela Rguez Pumar e engadiu: “O pobo de Gondomar sabe que o noso país, a nosa lingua, a defensa de traballo digno na nosa terra, a loita pola igualdade de oportunidades que supere as diferenzas de xénero e de clase, son algúns dos eixos centrais do noso pensamento político. E baixo estas premisas actuamos en todos os ámbitos.”

“Esta candidatura é resultado do proceso Construíndo futuro, que constatou a existencia de milleiros de galegas e de galegos que, sen formaren parte do BNG, xulgan precisa a existencia do nacionalismo galego como proposta electoral propia e diferenciada, e por iso están dispostas/os a se sumaren a unha alternativa” Indicou a candidata, poñendo de relevo o apoio das e dos simpatizantes e a integración de cinco persoas independentes na candidatura.

“O BNG – Asembleas Abertas a única opción que vai enfrontarse ao PP” afirmou Manuela Rguez Pumar, e remarcou facendo fincapé na singularidade da candidatura do BNG-Asembleas Abertas: “ofrecemos unha alternativa feita desde Galiza e para Galiza. Un proxecto político común, con propostas concretas para cada concello, pero cunha visión global de nación, e que vai máis alá desta cita electoral. É un proxecto de futuro que persegue a transformación da sociedade e a soberanía do pobo galego. O traballo municipal é parte deste proxecto.”

Manuela Rguez Pumar presentou os demais candidatos e candidatas, “Mulleres e homes con seriedade, compromiso, ilusión. Persoas honradas e honestas que desexan construír unha alternativa de futuro para Gondomar e para Galiza”. Persoas afiliadas ao BNG e independentes comprometidas socialmente a diferentes niveis, persoas recoñecidas polo seu traballo nos ámbitos veciñal, asociativo, cultural, sindical, educativo, feminista, etc. A continuación de Manuela Rguez Pumar forman parte da candidatura: Alfredo López, Mercedes Fernández, Bieito A. Lobariñas, Fina Álvarez Palmas, Fernando Goris, Ana Bringas, Lorenzo Rguez Dacosta, Mercedes Domínguez Santomé, Álvaro Lores, Helena Quintas, Aldán López, Xosé Lois Ruíz, Susana Hermida, Xavier G. Guinovart, Marta Dacosta, e pechando a candidatura Antón García. Como suplentes: Neves Piñeiro, Ánxel Pérez, Carme Arroio e Diego Pereira.

O BNG-Asembleas Abertas iniciou xa un proceso de asembleas e encontros a diferentes niveis en que está a recoller achegas para a elaboración dun programa en que todas as persoas que o desexar poden participar, e así concretar os principios básicos no eido municipal: na defensa e mellora dos servizos públicos; na aposta polos nosos sectores produtivos e a nosa riqueza natural; na profundización na democracia e a participación social; na loita pola sustentabilidade ecolóxica, a igualdade e a intolerancia absoluta coa corrupción.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias