gondomar.tv
> Destacamos
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Xeira nocturna polos petróglifos de Auga da Laxe en Víncios
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017

20150418 FOTO CANDIDATURA IXGActo de Presentación da candidatura de Iniciativa por Gondomar o Concello de Gondomar nas vindeiras eleccións municipais.

Hoxe atopámonos aquí para presentar a candidatura das persoas capaces de afrontar os retos que debe de afrontar Gondomar, despois da perda de catro anos baleiros de contidos e resultados.

Só con equipas, como está,  formadas por persoas comprometidas co seu concello en procura dunha mellor calidade de vida para os seus cidadáns, o futuro esta garantido.

O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar. Ese é o noso verdadeiro compromiso. O único. Fora das liortas partidistas que buscan cotas de poder polo poder. Nos buscamos ese poder para por o alcance dos cidadáns a ferramenta mais útil que poden obter na transformación da sociedade: a súa participación e implicación do devir diario da acción do goberno.

Una lista onde a paridade atopase totalmente representada: 50% homes(12), 50% mulleres(12). Unha candidatura formada por homes e mulleres con vocación de servizo, totalmente preparados para o desenrolo dunha acción de goberno eficaz, transparente. Unha acción de goberno que redunde dunha mellor calidade de vida e benestar para os veciños.

Gondomar non pode perder outro catro anos. Non podemos seguir retrocedendo, seguir inertes mentres outros gozan de maiores cotas de benestar debido aos servizos que poden acceder e gozan. Amen do desprezo amosado día tras día cara a os veciños dende o goberno actual.

Gondomar precisa dun goberno solvente, formado por persoas que utilicen o sentido común, e que a súa acción de goberno incide directamente na resolución dos problemas actuais, que son bastantes, que sofren día a día os veciños deste concello.

Para conseguir lograr eses obxectivos necesitamos o apoio maioritario dos veciños, para elo nos vindeiros días daremos a coñecer as liñas mestras do nos programa. Un programa real, solvente, realizable e necesario para este pobo; onde incidiremos nos problemas reais que sufrimos neste momentos.

No noso programa trataremos polo miúdo dentro das competencias que teñen os concellos nas seguintes areas, entre outras:

URBANISMO; MEDIO AMBIENTE; SERVIZOS SOCIAIS; EDUCACIÓN; INDUSTRIA, EMPREGO E ECONOMÍA; SANIDADE; CULTURA E DEPORTE; PARTICIPACIÓN CIDADÁ; PATRIMONIO; INFRAESTRUTURAS, TRANSPORTE E MOBILIDADE.

Una respuesta a Presentación da candidatura de Iniciativa por Gondomar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias