gondomar.tv
> Destacamos
Gondomar Fútbol Base
Gondomar Fútbol Base
Pleno de Xaneiro de 2017
Pleno de Xaneiro de 2017
A xestión no monte, por un monte sen trampas
A xestión no monte, por un monte sen trampas
Tomas falsas
Tomas falsas

DSCN3828Recordar que Proxecto ríos é unha iniciativa a nivel galego de eduación e voluntariado ambiental que pretende fomentar a participación activa da sociedade na conservación dos ríos. Facemos varios muestreos anuais dos ecosistemas fluviais, facendo estudos e seguimentos participativos dos que se serve a administración galega para eleborar unha valoración da todas a concas fluviais do país (valoración da vexetación de ribeira, calidade hidromorfolóxica, calidade fisicoquímica das augas, biodiversidade da fauna, sobre todo a dos macroinvertebrados, que son uns dos parámetros que millor reflicten o estado da pureza das augas)

Dende o ano 2009 facemos esta e outras actividades relacionadas ca preservación do patrimonio en xeral e dos ríos de Gondomar em particular. Queremos recordar a todos os partidos políticos de Gondomar que a preservación dos ecosistemas ribereños debería estar en todos os programas e non ser motivo de discusión ou xogo político. Gondomar ten moitos km de cursos fluviais que históricamente xeraron riqueza; podemos velo na cantidade extraordinaria de patrimonio etnográfico e arquitectónico que temos nos ríos (muiños, pontillóns, levadas, presotes e peiraos). Cun día de limpeza de río o ano ou poñer uns bancos ou adecentar unha ponte de madeira non solucionamos os verdadeiros problemas que temos co patrimonio natural em Gondomar. Fai falla diálogo e consenso, e colaborar coas organizacións que coñecen o territorio e que están a traballar nel dende fai moitos anos. Queremos chamar a atención a todo o mundo incluido os partidos politicos que teñan en conta un problema moi grave coma é a erradicación das especies vexetais invasoras, que por desgracia son unha praga en Gondomar: Tradescantia, tritonia, herba tintureira, cana ou a Herba da pampa, esta última em expansión crecente. Coa colaboración entre a administración e os colectivos e veciños podemos erradicar estas pragas que tanto dano están a facer na biodiversidade do Val Miñor.

DSCN3831 DSCN3826

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias