gondomar.tv
> Destacamos
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Muiño do Martiño en Nande
Muiño do Martiño en Nande
Tomas falsas
Tomas falsas

photo1Gondomar, 23 de xuño de 2015. – Hoxe tivo lugar a presentación do 2º Circuito de Enduro BTT Concello de Gondomar á que asistiron o alcalde de Gondomar Francisco Ferreira xunto coas concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro ademáis na presentación estivo o presidente do Club Ciclista Bici Verde Esteban. Ademáis contouse coa presenza de Toni Pérez Campeón de España  Máster 30 de Enduro en 2014, Campión de Open de España de Enduro en 2012, 2013 e 2014 e líder de Open Galicia de Enduro 2015.
O Concello de Gondomar e a Concellaría de Deportes de Gondomar volven apostar pola competición de BTT, nesta ocasión na modalidade de Enduro, organizando, xunto co Club Ciclista Bici Verde, o 2º Circuíto Enduro BTT Concello de Gondomar que terá lugar o domingo 28 de Xuño e que discorrerá pola Comunidade Veciñal de Montes de San Bieito, Comunidade de Montes en Man Común de Mañufe e Comunidade de Montes en Man Común Santa Eulalia de Donas con saída e chegada na Praza do Concello.
O prazo de inscrición remata hoxe ás 20:00 horas e xa se conta cun total de 130 participantes, aínda que se estima que poidan chegar a superar os 150.

A proba e o circuíto

O 2ª Circuíto Enduro BTT Concello de Gondomar é unha proba puntuable para o Open de Galicia de Enduro BTT 2015. A competición disputarase nas categorías: Júnior, Júnior feminina,sub-23, Elite, Elite Feminina, Máster 30, Máster 40 e Máster50/60.
O circuíto ten unha distancia a percorrer de 36 km, con cinco tramos cronometrados (TC), cos seus correspondentes tramos de enlace (TE) con tempos pechados e un desnivel acumulado de 1623 metros con saída e chegada na Praza do Concello. Destacar o último tramo cronometrado que será o descenso polas escaleiras da Igrexa, en torno ás 13.15 horas.
Na xornada do sábado 27 terá lugar na Praza do Concello a recollida de números e recoñecemento libre dos tramos para os participantes. Xa na xornada do domingo, a partir das 08.30 horas, dará comezo a competición que finalizará arredor das 14.30 horas coa entrega de premios.
Contamos en Galicia cunha ampla canteira de deportistas dedicados a esta modalidade. E a esta competición ademais de participar Toni Pérez (Intense Store) e Noelia González (Club do Mar Mugardos) que son os líderes absolutos. Tamén se contará na carreira con Alejandro Vila, Oscar Martínez del Campo, José Manuel Groba  eRoberto Rodríguez. Todos eles veñen de competir na 2ª proba de España de Enduro en Ojén (Málaga).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias