Mentres rematamos varios proxectos que temos pendentes recuperamos esta curtametraxe que comenzamos alá polo 2012 no que amosábamos unha pequena parte da beleza de Gondomar.
Grabado íntegramente no concello de Gondomar (agás unha pequena toma) e producido e dirixido por xente de Gondomar. Achegamos por fin a curtametraxe “Auga, terra, aire… A bolsa”.
Este proxecto fíxose realidade na nosa vila; dirixido por Pablo Casal (Guión) e Pablo Banga, grabado por Ollomol Audiovisual e producido por Gondomar Tv, “Auga, terra, aire… A bolsa” intenta amosarnos a realidade da perdurabilidade dos materiais que a man do home fabrica . Neste caso trátase dunha bolsa de plástico e das suas viaxes que percorren diferentes localizacións de Gondomar. O Galiñeiro é un dos lugares protagonistas destas viaxes e nel podemos atopar a fermosura dunha paisaxe inigualable e profundizar nos seus rincóns mais ocultos coma as suas covas, sendeiros e infinidade de lugares pouco concurridos.
A mensaxe que a curtametraxe pretende difundir é, nin mais nin menos, a reutilización deses materiais que a diario acostumamos a darlle un so uso cando a lóxica nos di que poderíamos dedicarlle outros e variados usos para así poder poñer un graniño de area propio na sustentabilidade do noso entorno para poder coidar o noso planeta un pouquiño mais xa, que tal e como estan as cousas, non lle ven nada mal.
Deja una respuesta