Unha nova edición do concurso As tapas do Conde volve a realizarse na vila de Gondomar. Os días 28, 29 e 30 de agosto poderanse degustar as tapas que diversos locais da vila ofrecerán con un custe de 2€. Tamén nos mesmos locais poderase puntuar a tapa en cuestión de cara ao concurso no que consumindo catro tapas os participantes poderán acceder a un sorteo de unha noite no Pazo da Escola, unha noite na Casa Rural Cerdeira e un xamón montañés Cava Selecto.
Os establecementos participantes son: A Quenlla, Pazo da Escola (Mañufe), Restaurante Vitrola, Tapería Ágora, Tapería Seixos, Bocatería Yantar, Cafetería Alameda, Tapería Rural Ardora (Mañufe), Cafetería Cristaleiro, Cervecería Bugus, Café Bar Estanco, Cafetería Píntega, Las Tapitas de Quela, Bar Couso, Bar Gondomar, A Quenlla, Cafetería Keik, Tapería Las Torres e Tapería Restaurante Casa Celso (Couso).
Deja una respuesta