Este Domingo volvese a organizar a limpeza dos ríos da nosa vila. Para que sepades como se leva a cabo esta actividade aquí vos deixamos os videos de anos anteriores.
Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta sexta edición. A limpeza que será o 27 de setembro mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
En Gondomar centro realizará a coordinación da limpeza a Asociación A Groba
Tódolos interesados están citados as 10:00 na ponte do Matadoiro o vindeiro domingo 27.
Aconsellamos levar luvas
Máis información 627 276816 (Pablo)
Deja una respuesta