O pasado domingo levouse a cabo unha charla informativa sobre a vespa velutina, coloquialmente chamada vespa asiática, no Centro Neural de Gondomar. Organizada polo Concello de Gondomar e impartida por Suso Asorey, secretario-técnico dae AGA (Asociación Galega de Apicultura), procedeuse a realizar unha mostra sobre como colocar trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta vespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán. Tamén se informou de como actuar en caso de avistar niños desta especie invasora. Varios apicultores do Val Miñor, que actualmente traballan desinteresadamente na erradicación de niños, compartiron as súas experiencias á hora de retirar niños de vespa Velutina. Mais de 50 niños foron retirados por estes apicultores nas últimas dúas semanas cos medios proporcionados polo concello.
Deixamos o enlace ao video:
Deja una respuesta