gondomar.tv
> Destacamos
A saude do río Miñor
A saude do río Miñor
Nacemento vivente
Nacemento vivente
Mestura de artesáns en Borreiros
Mestura de artesáns en Borreiros
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros organizou este sábado día 20 as 10:00 da mañá unha plantación de árbores no monte Matalagartos.

“Tan importante é a plantación das árbores como a participación pública na mesma, sobre todo dos máis cativos, pois eles son os depositarios da futura xestión das árbores que hoxe plantemos”, declara o presidente da CCMM Carlos Misa.

O Lombo do Roxás é unha zona bastante degradada que ata os anos 50 forneceu de pedra para construción. A canteira foi abandonada e posteriormente transformouse nun denso eucaliptal que ardeu sucesivamente, a última vez no terrible lume que asolou o 80% do Matalagartos no ano 2005.

Dende hai anos a CCMM leva imprimindo esforzos na restauración ambiental desta zona procedendo á repoboación forestal con frondosas. Este ano plantaranse 100 castiñeiros, o 80% para madeira e o 20% para froito. A CCMM pretende deste xeito procurar unha mudanza de especies, crear un cinturón verde de frondosas na parte baixa do monte, aumentando a humidade, previndo incendios e creando solo.

Colaboración de Verdeval

Para esta actividade conta coa colaboración da asociación de custodia do territorio Verdeval. Recentemente esta entidade ven de propoñer á CCMM de Peitieiros unha actuación ambiental na zona comprendida entre as Chedas e o Curro vello, unha superficie de 9 hectáreas, na que está enclavada a área na que se plantarán os castiñeiros.

A asemblea de comunieiros celebrada hai quince días aprobou a cesión desta superficie para a coxestión ambiental da parcela con Verdeval. Finalizada a plantación, os responsables de ambas entidades asinarán o convenio de colaboración que sostén esta colaboración.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias