A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros organizou este sábado día 20 as 10:00 da mañá unha plantación de árbores no monte Matalagartos. «Tan importante é a plantación das árbores como a participación pública na mesma, sobre todo dos máis cativos, pois eles son os depositarios da futura xestión das árbores que hoxe […]
Para coñecer un pouquiño de preto como conviven os nenos Saharauis coas suas familias de adopción, achegámonos ata o xardín da praza da Paradela de Gondomar na que celebraban unha merenda para reunir a todalas familias do Val Miñor que participan no programa. Henrique Porto, integrante da ONG Sogaps, e pais e nais de adopción […]
Este é o noso humilde homenaxe a todas aquelas persoas que traballan arreo pola festividade de Corpus en Gondomar. Outro ano mais a vila espertouse adornada de forma increíble para continuar unha de esas tradicións que fan unirse as xentes da vila e traballar como un equipo.
A mañán de San Xoan amaneceu cunha grata sorpresa a parroquía de Vincios. Na rotonda de Arcos aparecía varado un barco pirata. Preguntando as xentes da parroquía puidemos saber que os operarios de San Xoan habían posto o buque seguindo a tradición desta noite máxica. Deixamos que miredes o video onde o alcalde Paco Ferreira […]
Navegando pola rede encontrámonos con este video grabado no río Zamáns e que mostra a antiga estación hidroeléctrica do Pego Negro. Algún día esta estación foi a productora de enerxía da nosa vila, magoa que non se manteña como zona turística a visitar xa que os nosos pequenos poderían aprender moitísimas cousas de lugares que […]
Aquí vos deixamos un video resumo do obradoiro intensivo de danza e percusión africana que se celebrou este fin de semana na casa da cultura de Borreiros. Un obradoiro organizado por Itziar Fernández Serrano (afrovigo@hotmail.com), e que contou ca presenza do músico Toumany Diawara Dit “Vié” dende Francia, a bailarina Marta González Ávila e os […]
Pois outro ano mais as xentes de Gondomar voltan a unirse para facer realidade un evento que xa é unha costume mais na nosa vila. Este ano superaronse, e o nanemento vivente estivo a altura dunha gran producción. Colaboracións de todalas idades antepuxeron eses momentos do nadal para que todos nós puidesemos ver esta gran […]
Grabado íntegramente no concello de Gondomar (agás unha pequena toma) e producido e dirixido por xente de Gondomar. Achegamos por fin a curtametraxe «Auga, terra, aire… A bolsa». Son tempos bastante difíciles para as produccións audiovisuais, e cada vez mais escasas as axudas por parte das institucións pertinentes que deberían amparar a este mundo. Gañarse […]
Algunha vez xa falamos que en Gondomar Tv temos como premisa non facer videos fora do concello, Imos repetir a charla sobre a libre elección de hospital que a plataforma pola defensa da sanidade pública fixo desta vez en Nigrán. O motivo da repetición e que desta vez a grabación e moitísimo mais lexible tanto […]
A semana pasada tiña lugar a charla informativa levada a cargo pola plataforma da sanidade pública do Val Miñor. Todos os asistentes a Casa da Cultura puideron informarse directamente de como tramitar o cambio de Hospital o cal solo se poderá realizar neste mes de novembro. Se queredes saber como se leva a cabo aquí […]
Varios pais de alumnos do colexio Antía Cal de Chaín puxéronse en contacto con Gondomar Tv para denunciar a falla de mantenemento do centro no que foi o primeiro día de clase do curso 2014/15. En declaracións a este medio comentaron que non podían sair do seu asombro ao ollar incrédulos como os seus fillos […]
Este ano, por problemas de axenda, Gondomar Tv non puido estar nos traballos de elaboiración das alfombras florais. Pero para que calquera que non coñeza como son os preparativos para esta festividade aquí ten a reportaxe que fixemos o ano pasado para amosar dende dentro todo o traballo que levan a cabo as xentes do […]
O 31 de maio organizouse en Gondomar o X encontro da rede galega de sementes. Xentes de todas partes reunironse nesta grata xornada co fin de intercambiar coñecementos, vivencias e por suposto moitísimas sementes de todas as especies imaxinadas. A xornada transcurriu nun ambiente moi agradable, sendo o bo tempo reinante un dos protagonistas do […]
“A Xesta Vermella”, o novo grupo de teatro de Borreiros, desprende alegría polos catro costados. Este sábado día 7 presentaron a súa primeira obra de teatro no Centro Cultural de Borreiros. Cheo absoluto e moita diversión foron os detonantes nesta estrea. O grupo xurdiu por unha inquietude dun grupo de persoas do pobo por porse […]
Na procura de divulgar todas aquelas cousas que se encontran na nosa vila, puidemos ollar de preto como a artesanía ten o seu oco en Gondomar. E vaia se o ten, xa que nun recuncho de Borreiros atopamos a asociación Mestura de artesáns do Val Miñor. Este colectivo ademáis de impartir clases de cada unha […]
Últimos comentarios